Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de xuño de 2013 polo que se empraza o interesado para o trámite de audiencia no expediente OU-2008/NR-02.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, notifícase a persoa que se sinala no anexo para o trámite de audiencia no expediente de incautación parcial de garantía constituída en relación co contrato de obras de rehabilitación de tres vivendas na rúa Vilar, 1 (Ourense).

O expediente está á disposición do interesado na Dirección Técnica de Construcións e Calidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta cédula. Durante o mesmo prazo, o interesado poderá presentar a documentación, as alegacións e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: OU-2008/NR-02.

Interesado: Pozanca, S.L, representada por Manuel Blanco Ribao.

Último enderezo coñecido: estrada da Granxa, km 4, nº 2, 32005 Ourense.

Acto notificado: trámite de audiencia en procedemento de incautación de garantía.