Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de varios funcionarios de carreira.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante resolucións do 7, 17 e 27 de xuño de 2013, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– José Javier Peón Justo, con DNI 35290200-N, para ocupar unha praza de inspector do corpo da Policía local tras acreditar a superación do curso de capacitación para a escala executiva, categoría de inspector, dos corpos da Policía local que realizou a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

– José Rosales Sueiro, con DNI 76926776-X; Manuel Ángel del Río Fernández, con DNI 35294667-V; Yolanda González Cons, con DNI 35317016-X; Miguel Ángel Rodríguez Baquero, con DNI 35324086-L; José Ángel Ferreira García, con DNI 35320514-N; Mª Mercedes Castro Fuentes, con DNI 78781791-Y e Paula Rita Iglesias González, con DNI 35287743-Q para ocupar sete prazas de administrativo, encadradas dentro da subescala administrativa, da escala de Administración xeral, integradas no grupo C, subgrupo C-1.

– María del Carmen Quintáns Graña, con DNI 76826932-D e Mª Elvira Castellano Soto, con DNI 36028996-W, para ocupar dúas prazas de vixiante, encadradas dentro da escala de Administración especial, subescala servizos especiais clase cometidos especiais, integrada dentro do grupo AP.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, ao que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999 pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente con arranxo a dereito.

Pontevedra, 1 de xullo de 2013

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde