Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do prego cláusulas administrativas e prescricións técnicas do servizo complementario e de colaboración na recadación de todo tipo de sancións administrativas.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación dos servizos complementarios e de colaboración na recadación, nos períodos voluntario e executivo de todo tipo de sancións administrativas do Concello de Sanxenxo, así como da súa xestión, agás as de natureza urbanística, anúnciase a convocatoria respectiva:

1. Obxecto: a prestación dos servizos complementarios e de colaboración na recadación, nos períodos voluntario e executivo de todo tipo de sancións administrativas do Concello de Sanxenxo, así como da súa xestión, agás as de natureza urbanística.

2. Procedemento: aberto. Tramitación: ordinaria.

3. Prezo: o adxudicatario percibirá polos servizos prestados, os prezos que el oferte e que o Concello acepte (cláusula 2ª dos pregos respectivos).

4. Prazo do contrato: 1 ano, prorrogable ano a ano ata un máximo de catro.

5. Clasificación do contratista: non se exixe.

6. Garantías: provisional, non se exixe. Definitiva: 4.750,00 euros.

7. Publicidade: anuncio no perfil de contratista da páxina web municipal (www.sanxenxo.es), no BOP e no DOG.

8. Presentación de ofertas: de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello durante o prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da última publicación do anuncio, sexa esta no BOP ou no DOG.

9. Mesa de contratación: reunirase en acto público na sala de sesións para a apertura do sobre «B» o sexto día hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Criterios de selección e adxudicación: cláusulas 9ª e 10ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación.

11. Órgano de contratación: alcaldía-presidencia.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel. 986 72 00 75.

13. Obtención de documentación: no Concello de Sanxenxo e na web www.sanxenxo.es - perfil de contratante.

Sanxenxo, 4 de xullo de 2013

Catalina González Bea
Alcaldesa