Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (884/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 884/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes Ares Ramos contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto, e á vista do peche dos centros de traballo declaro a extinción da relación laboral que unía a traballadora coa empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.) na data da presente resolución, e condeno a Denim Sport Wear, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 6.082 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Denin Sport Wear, S.L., antes Don Vaquero Sport Wear, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2013

A secretaria xudicial