Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28147

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (883/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 883/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Sexto Míguez contra a empresa Denim Sport Wear, S.L., Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto, e á vista do feche dos centros de traballo declaro a extinción da relación laboral que unía o traballador coa empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.) na data da presente resolución, e condeno a Denim Sport Wear, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 13.369,8 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Don Vaquero Sport Wear, S.L., Denim Sport Wear, S.L. actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2013

A secretaria xudicial