Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28142

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (despedimento 359/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 359/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Seijas Anido contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. Esoga, administración concursal da empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto.

Na Coruña o 19 de xuño de 2013.

Dada conta por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 da Coruña, visto o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas como despedimento baixo o número 359/2013, no cal é parte demandante Antonio Seijas Anido, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e partes demandadas, a mercantil Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (tamén Esoga), a administración concursal da entidade Esoga, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), en nome do Rei dito a presente resolución xudicial con base nos seguintes:

Resolvo que debo estimar e estimo a aclaración de sentenza solicitada pola parte demandante Antonio Seijas Anido, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde e, en consecuencia, debo aclarar e aclaro por instancia de parte a sentenza ditada no 14 de xuño de 2013 no curso das presentes actuacións e, en consecuencia, nela modifícanse tanto o fundamento xurídico quinto como a parte dispositiva para resultaren axustados a dereito. Deste modo, os tramos modificados pasan a conter o teor esencial definitivo seguinte:

1º. O fundamento xurídico quinto pasa a ser o seguinte:

“... Sendo así, o anterior, resulta inherente á estimación da demanda con declaración de improcedencia do despedimento do demandante, dar á empresa un prazo de 5 días para optar ou ben pola reincorporación do traballador ao seu posto de traballo nas mesmas condicións laborais que tiña cando se produciu o despedimento, xunto co aboamento dos salarios de tramitación (a aboar igualmente ao traballador os salarios de tramitación que ascenden, por un lado, a 6.056,82 euros en concepto de salarios de tramitación xerados desde a data de despedimento ata a data de sentenza (isto é, 114 días) e, por outro lado, á cantidade non xerada de momento, que non é posible calcular a data de hoxe, ben que será a que se xere desde a data da presente sentenza ata a data de notificación (a razón dunha cota diaria de 53,13 euros); ou ben por indemnizar o traballador na cantidade de 18.413,01 euros (en concepto de indemnización a razón de 45 días de salario por ano de servizo rateados os períodos inferiores á anualidade ata a data 12 de febreiro de 2012) + a cantidade de 1.788,69 euros en concepto de indemnización a razón de 33 días de salario por ano de servizo rateados os períodos inferiores á anualidade, desde o día 13 de febreiro de 2012 ata o día 20 de febreiro de 2013), o que implica unha indemnización total de 20.201,70 euros. …”.

2º. A parte dispositiva pasa a ser a seguinte:

“... 1º. Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante con data de efectos do 20 de febreiro de 2013 e, por iso, debo obrigar e obrigo os demandados a estaren e pasaren pola devandita declaración e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a que, no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, opten entre: 1º. 1º ou ben readmitir o traballador no seu posto de traballo con idénticas condicións ás vixentes na data do despedimento, xunto co aboamento dos salarios de tramitación (a aboar igualmente ao traballador os salarios de tramitación que ascenden, por un lado, a 6.056,82 euros en concepto de salarios de tramitación xerados desde a data de despedimento ata a data de sentenza (isto é, 114 días) e, por outro lado, á cantidade non xerada de momento, que non é posible calcular a día de hoxe, ben que será a que se perciba desde a data da presente sentenza ata a data de notificación (a razón dunha cota diaria de 53,13 euros); 1º. 2º ou ben indemnizar o traballador na cantidade de 18.413,01 euros (en concepto de indemnización a razón de 45 días de salario por ano de servizo rateados os períodos inferiores á anualidade ata a data do 12 de febreiro de 2012) + a cantidade de 1.788,69 euros en concepto de indemnización a razón de 33 días de salario por ano de servizo rateados os períodos inferiores á anualidade, desde o día 13 de febreiro de 2012 ata o día 20 de febreiro de 2013), o que implica unha indemnización total de 20.201,70 euros. …”.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún.

Así o pronuncio, mando e asino por este meu auto, do cal se levará certificación aos autos, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol.

Publicación. Dada conta, lido e publicado o anterior auto, pola xuíza substituta que o ditou, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Estructuras y Obras de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

A secretaria xudicial