Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1172/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1172/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Magán contra a empresa Construcciones Fraga Boizas, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando a demanda interposta por Jesús Rodríguez Magán contra a empresa Construcciones Fraga Boizas, S.L.U., debo condenar e condeno a citada demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.455,53 euros polos conceptos reclamados na demanda, mais o 10 % desa suma por xuros de demora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. O mesmo con respecto á administración concursal, sen prexuízo do cumprimento das súas obrigas legais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Fraga Boizas, S.L.U., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2013

A secretaria xudicial