Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27937

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (149/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 149/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Carmen Fuentes González contra a empresa Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache e Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto con data do 19 de xuño de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no procedemento de despedimento 281/2012 a favor da parte executante, María Carmen Fuentes González, fronte á parte executada Grace Antonia Nouel Brache pola cantidade de 27.931,35 euros de principal, máis outros 2.793,13 euros en concepto provisional de xuros de mora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS.

Non despachar execución fronte á entidade Grialibros, S.L. por estar en situación de concurso de acredores.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Déase traslado desta resolución ao Fondo de Garantía Salarial, xunto coa copia da demanda de execución, para os efectos previstos no artigo 23 da LXS.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 5076, debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código 30 Social-Reposición. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 30 Social-Reposición. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos do pagamento será a seguinte: 5076 0000 64 0149 13. Deberá indicar no campo o concepto de pagamento.

Así o acorda e asina o/a maxistrado/a xuíz/a. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial»

Advírtese o destinatario Grace Antonia Nouel Brache de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

A secretaria xudicial