Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27939

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (148/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 148/2013.

Demandante: Raúl Andrés Saco Ramos.

Graduada social: Matilde Mallo Nieves.

Demandada: Asociación Colega Galicia.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 148/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Andrés Saco Ramos contra a empresa Asociación Colega Galicia, sobre ordinario, se ditou auto e decreto en data 19 de xuño de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Raúl Andrés Saco Ramos, fronte á Asociación Colega Galicia, parte executada, por importe de 3.884,69 euros de principal máis 288,97 euros en concepto de xuros de mora, máis 417,36 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se presentará ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que tivese que incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, a non ser a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social, número 3, aberta no Banco Español de Crédito, conta 00301846420005001274, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social- reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina o/a maxistrado/a. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Asociación Colega Galicia co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, que ascende a 3.884,69 euros en concepto de principal, máis 288,97 euros en concepto de xuros de mora, máis 417,36 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas. Deberá manifestar a dita relación coa precisión necesaria para garantir as súas responsabilidades. Deberá, así mesmo, indicar as persoas que posúan dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concretar os aspectos deste que poidan interesar á execución. Esta obriga incumbirá, cando se trate de persoas xurídicas, aos seus administradores ou ás persoas que legalmente as representen e cando se trate de comunidades de bens ou grupos sen personalidade, aos cales aparezan como os seus organizadores, directores ou xestores. No caso de que os bens estivesen gravados con cargas reais, deberá manifestar o importe do crédito garantido e, de ser o caso, a parte pendente de pagamento nesa data. No caso de bens inmobles, deberá indicar se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Proceder á investigación xudicial do patrimonio do executado. Para tal efecto, consultaranse as bases de datos a que teña acceso este órgano xudicial e libraranse os despachos pertinentes aos organismos e rexistros públicos co fin de que faciliten a relación de todos os bens ou dereitos do debedor dos cales teñan constancia, tras a realización por estes, se for preciso, das indagacións legalmente posibles. Solicitarase a información precisa, dentro dos límites do dereito á intimidade persoal, para lograr a efectividade da obriga pecuniaria que execute, de entidades financeiras ou depositarias ou doutras persoas privadas que polo obxecto da súa normal actividade ou polas súas relacións xurídicas co executado deban ter constancia dos bens ou dereitos deste ou puidesen resultar debedoras deste.

– Acórdase o embargo das devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Acórdase o embargo dos saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará para efecto a través do punto neutro xudicial.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 5076 aberta en Banco Español de Crédito, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código 31 Social-revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «Recurso», seguida do «código 31 Social-revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que le sirva de notificación a Asociación Colega Galicia, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

A secretaria xudicial