Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre local destinado á venda ao público de produtos relacionados coa gandaría, agricultura e xardinaría.

A sociedade Agrival Fitosanitarios Servicios, S.L. solicitou licenza municipal para o establecemento de local destinado á venda ao público de produtos relacionados coa gandaría, agricultura e xardinaría na rúa Miguel de Cervantes, número 28, deste termo municipal. En cumprimento do disposto polo artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte días, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Rúa, 20 de xuño de 2013

Avelino García Ferradal
Alcalde