Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración de equipamentos multifunción para o concello, mediante arrendamento, a través de renting.

Por Decreto da Alcaldía, do 20 de xuño de 2013, aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 25/13).

2. Obxecto do contrato: subministración de equipamentos multifunción para o concello, mediante arrendamento, a través de renting.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 88.572 € (73.200 € + 15.372 € en concepto de IVE), e un prazo de execución de tres anos (con posibilidade de prórroga dun ano). Establécense os seguintes prezos unitarios: cota máxima por mantemento de 15.600 €/anuais e cota máxima por copia: 0,0700 €/copia cor e 0,0080 €/copia branco/negro (máis o IVE correspondente).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 20 de xuño de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde