Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (expediente LAP/179/2013).

Coviran S. Coop. And solicitou licenza de apertura para unha nave de produtos alimenticios na Vía Edison 66, Santiago de Compostela (A Coruña).

Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que estean afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/179/2013 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

P.D. (Xunta de Goberno 28.2.2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible