Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 5 de xuño de 2013, da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 2011-CU/032.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no enderezo da solicitude da subvención e non sendo retirada das oficinas de Correos no prazo de sete días, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Galega das Industrias Culturais, sita na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, en Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Expediente: 2011-CU/032.

Interesado: Eloi Caldeiro Díaz (Sons Galiza Comunicación, S.L.).

Acto de notificación: resolución do procedemento de reintegro.