Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 29 de maio de 2013, da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 2008-PR/063.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no enderezo en que aparece como descoñecido, emprázanse o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Galega das Industrias Culturais, sita na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, en Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Expediente: 2008-PR/063.

Interesado: Manuel Gómez Santos (Dygra Films, S.L.).

Acto de notificación: notificación resolución de reintegro.