Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre construción de fosa de xurro en Pradedo de Arriba (Vilameá).

Pradedo de Arriba, S.C. representada por Vidal López Rodríguez solicituou desta alcaldía licenza municipal para construción de fosa de xurro que se situará en Pradedo de Arriba, Vilameá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Guntín, 3 de xullo de 2013

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde