Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións públicas deste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2013/037.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións públicas do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución/entrega: un ano.

e) Admisión de prórroga: non se prevé.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 132.231,40 euros. IVE (21 %): 27.768,60 euros. Importe total: 160.000 euros.

5. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: (5 %) do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase o artigo 4 do prego.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 27 de xuño de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde