Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun local destinado á mecánica básica do automóbil no parque empresarial de Alvedro.

Carlos Costoya Fernández solicitou unha licenza municipal para a apertura dun local destinado á mecánica básica do automóbil na nave B-11 situada na rúa B do parque empresarial de Alvedro. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 12 de xuño de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011, BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo