Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, en sesión de 30 de maio de 2013, prestou aprobación inicial ao proxecto de modificación puntual del PXOM no ámbito próximo aos núcleos rurais do Amendo e Espiñeiro, formulado polo Concello de Taboadela, redactado polo equipo de Urbaourense, Sociedade Urbanística Provincial, e datado en maio de 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o proxecto someterase a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo, calquera interesado poderá examinar nas dependencias municipais, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, a documentación inicialmente aprobada e formular as alegacións que xulgue pertinentes.

Taboadela, 10 de xuño de 2013

Manuel Gallego Vila
Alcalde