Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun crematorio tanatorio no polígono industrial.

Funeraria Recafer, S.L., con CIF B27402163, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun crematorio tanatorio que se situará no polígono industrial, parcela 3 (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 12 de xuño de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde