Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a creación de solo industrial en Betote.

O Concello Pleno, en sesión realizada o 31 de maio de 2013, acordou prestar aprobación inicial ao documento da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a creación de solo industrial no lugar de Betote, redactado pola consultora Monsa Urbanismo, que inclúe o informe de sustentabilidade ambiental. O referido acordo, xunto co plan aprobado inicialmente con todos os documentos que o integran, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese simultaneamente ás consultas previstas no documento de referencia e a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, xornais La Voz de Galicia e El Progreso, para os efectos de que os interesados examinen o expediente e, de ser o caso, presenten as alegacións que consideren pertinentes. Todo iso conforme determina o artigo 7.5 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, e 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De conformidade co sinalado no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, quedan en suspensión os procedementos de outorgamento de licenzas polo prazo de dous anos, naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Non obstante poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento de conformidade co previsto no artigo 120 do Regulamento de planeamento. En todo caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Sarria, 18 de xuño de 2013

Francisco José Pérez González
Alcalde en funcións