Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dun requirimento de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 13, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se indican os requerimentos ditados nos expedientes administrativos promovidos por eles, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta nos expedientes que figuran nesta xefatura territorial.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Vigo.

Nº expedientes: 2012/21-5 ADN e 2012/7-5 ADI.

Interesados: Óscar López González e Patricia Vázquez Armellini.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dun requirimento do 14 de maio de 2013.

Vigo, 13 de xuño de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo