Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun servizo para o desenvolvemento do Programa de inserción laboral dirixido á poboación participante no proxecto FEAG-EMPREGANAV (expediente 2013.55).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou na páxina web http://www.contratosdegalicia.es

c) Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo para o desenvolvemento do Programa de inserción laboral dirixido á poboación participante no proxecto FEAG-EMPREGANAV.

3. Prazo de execución do contrato: desde a sinatura do contrato ata o 10 de marzo de 2014.

4. Tramitación e procedemento: urxente e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

6. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é de cento oitenta e cinco mil catrocentos euros (185.400,00 €) máis trinta e oito mil novecentos trinta e catro euros (38.934,00 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido a un tipo do 21 %, o que fai un total de dous centos vinte e catro mil trescentos trinta e catro euros (224.334,00 €), distribuído do seguinte xeito:

Ano 2013: 40.500,00 € + 8.505,00 € (IVE 21 %)=49.005,00 €.

Ano 2014: 144.900,00 € + 30.429,00 € (IVE 21 %)=175.329,00 €.

Este contrato está cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) nun 65 % tal como establece a Decisión da Comisión Europea do 14.11.2012 pola que se concede unha contribución financeira para medidas activas do mercado laboral tras os despedimentos que se produciron en Galicia en empresas do sector metal e auxiliares do naval.

7. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe; b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3 do PCAP.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

10. Apertura de ofertas: a apertura pública do sobre B terá lugar no quinto día natural, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentacións de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia e comunicaránselles aos licitadores as convocatorias das mesas que sexan públicas (apertura dos sobres B e C), indicando o lugar, o día e a hora concretos.

11. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar