Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2013.

Mediante a Orde do 4 de abril de 2013 (DOG nº 71, do 12 de abril), da Consellería de Traballo e Benestar, establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2013.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social resolverá a concesión dos premios que serán obxecto de publicación no DOG.

Unha vez aprobada a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 4 de xuño de 2013, e sen que fosen formuladas reclamacións,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2013 ás entidades que se indican a continuación:

Premio aos valores cooperativos a O Cable Inglés, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio compartido ao mellor proxecto cooperativo a Luscofusco, un espazo para sentir, Sociedade Cooperativa Galega, e a Xanela, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á promoción do cooperativismo á Mancomunidade Terra de Celanova.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social