Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou, con data do 28 de xaneiro de 2013, certificación onde se reflicten os acordos acadados en asembleas xerais extraordinarias, celebradas o 20 de novembro de 2012, 14 de febreiro e 15 de abril de 2013, e que consisten na modificación dos artigos 20, 11 , 28, 6.3 e 29, respectivamente.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social