Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axuda ao programa de iniciativas emprendedoras e de emprego (IEE), regulado na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2009), relativo aos expedientes TR340K2009/40-2 e TR340K2009/41-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 13 de xuño de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340K2009/40-2.

Nome: Conctrucciones Avi Mendes, S.L.

DNI/NIF: B27395912.

Último enderezo coñecido: r/ Cardeal Rodrigo de Castro, 35,1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro desta orde por un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 20.1, obrigas das persoas ou entidades beneficiarias, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR340K2009/41-2.

Nome: Conctrucciones Avi Mendes, S.L.

DNI/NIF: B27395912.

Último enderezo coñecido: r/ Cardeal Rodrigo de Castro, 35,1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro desta orde por un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 20.1, obrigas das persoas ou entidades beneficiarias, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.