Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 26 de xuño de 2013, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36R002/14/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Provincial de Pontevedra do Instituto Galego de Consumo (IGC).

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo do IGC, con enderezo na praza da Estrela, s/n, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 26 de xuño de 2013

Luis Boullosa Nores
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R002/14/2013.

Interesado: Establiments Miro, S.L.

CIF: B08754814.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.