Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento dos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia da Xunta de Galicia (expediente 48/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 48/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento de todos os compoñentes do punto de información do Servizo Público de Emprego de Galicia, para que o sistema quede completamente operativo unha vez arranxada a avaría.

b) División por lotes e número: si, 3.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato para os lotes 1 e 2, e contados a partir do 1.10.2013 para o lote 3 se a data de formalización do contrato é anterior a esta. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 141.520,08 € (cento corenta e un mil cincocentos vinte euros con oito céntimos), máis 29.719,22 € (vinte e nove mil setecentos dezanove euros con vinte e dous céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 171.239,30 € (cento setenta e un mil douscentos trinta e nove euros con trinta céntimos), que se distribúen nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: puntos de información INVES:

▪ 2013: 3.202,50 € + IVE (672,53 €) = 3.875,03 €.

▪ 2014: 6.405,00 € + IVE (1.345,05 €) = 7.750,05 €.

▪ 2015: 3.202,50 € + IVE (672,53 €) = 3.875,03 €.

Total: 12.810,00 € + IVE (2.690,11 €) = 15.500,11 €.

Lote 2: puntos de información PL 1, 1M III:

▪ 2013: 11.590,02 € + IVE (2.433,90 €) = 14.023,92 €.

▪ 2014: 23.180,04 € + IVE (4.867,81 €) = 28.047,85 €.

▪ 2015: 11.590,02 € + IVE (2.433,90 €) = 14.023,92 €.

Total: 46.360,08 € + IVE (9.735,61 €) = 56.095,69 €.

Lote 3: puntos de información PL II:

▪ 2013: 10.293,75 € + IVE (2.161,69 €) = 12.455,44 €.

▪ 2014: 41.175,00 € + IVE (8.646,75 €) = 49.821,75 €.

▪ 2015: 30.881,25 € + IVE (6.485,06 €) = 37.366,31 €.

Total: 82.350,00 € + IVE (17.293,50 €) = 99.643,50 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19213

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 14.8.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral de San Caetano.

2. Enderezo: San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 4.7.2013.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia