Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2013, da directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das obras de reparación e consolidación estrutural no edificio L-6 e na cuberta do paseo perimetral da unidade veciñal 2 do polígono de Caranza en Ferrol (A Coruña) (expediente C-2013/REP 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación e consolidación estrutural no edificio L-6 e na cuberta do paseo perimetral da unidade veciñal 2 do polígono de Caranza en Ferrol. A Coruña.

b) Prazo de execución: máximo 2 meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: douscentos oitenta mil euros (280.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): cincuenta e oito mil douscentos euros (58.800,00 €).

c) Importe total: trescentos trinta e oito mil douscentos euros (338.800,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia de acordo coa cláusula 4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares ou clasificación no grupo C, subgrupos 2, 4 e 7, categoría c.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas po que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na copistaría Copy Nino (rúa dos Feáns, 19, Santiago de Compostela), tfno. 981 58 89 38.

– Poderánse obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

• http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19191

– Tamén no perfil do contratante.

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data, que será anunciada con tres días hábiles de anticipación á súa realización no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2013

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivienda e Solo