Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 7 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-128/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 7 de xuño de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-128/12.

Nome: Clotilde Rosa Francisco Vaello Lorenzo.

Enderezo: rúa Celso Emilio Ferreiro, núm. 11, 4º C, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: de conformidade cos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e a cláusula décimo cuarta da escritura de compravenda outorgada por vostede coa Xunta de Galicia, relativa á compra de vivenda identificada co número de expediente PO-83/010, conta 16; requirímola para o pagamento dos 13 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes á súa vivenda por un importe total de 1.379,63 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 8.5.2013, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.5.2012 e o 1.5.2013, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato que vostede subscribiu, co artigo 142 do regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que considere conveniente.

Advertímoslle que, en caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do seu contrato.