Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de xuño de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 7 de outubro de 2011 a Racionalizacion de Servicios Navales, S.L. con destino á ocupación e explotación das instalacións e dos terreos para a varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados).

Con data do 22 de maio do 2013, o presidente de Portos de Galicia resolve autorizar a incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia, e acorda designar como instrutor do expediente a Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para os efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela. O seu réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente sito na travesía da Coruña, número 4, oficina 8, de Vigo, provincia de Pontevedra, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vigo á mercantil Racionalización de Servicios Navales, S.L. (Rasernaval), o presente acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia.

O expediente incóase por falta de pagamento da totalidade das taxas relativas á concesión liquidadas desde o outorgamento no ano 2011, na actualidade 35.763,04 euros están na vía executiva, e polo incumprimento do prazo de iniciación e remate das obras de reforma, o que implica o incumprimento das condicións xerais oitava, novena e décimo sétima do título concesional, e da particular cuarta, e a concorrencia das causas de caducidade previstas na condición xeral cuadraséximo, letras a) e b).

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións, outorgándose a estos efectos un prazo máximo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Ao marxe do que resulte da instrución do procedemento en canto a outros motivos de caducidade que puidesen concorrer, o aboamento das cantidades debidas antes de ditar resolución implicará o arquivo do expediente no que atinxe a este motivo concreto de caducidade.

O órgano competente para a resolución do expediente é o presidente da entidade pública Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo cuarto da Orde do 30 de marzo de 2012 da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Para o seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor