1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
2) Domicilio. Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus das Lagoas-Marcosende.
3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.
4) Teléfono: 986 81 35 56.
5) Telefax: 986 81 38 57.
6) Correo electrónico: xscont@uvigo.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante.
http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga
8) Data límite de obtención de documentación e información: 5.8.2013.
d) Número de expediente: 309/13.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo de impresión e personalización de títulos universitarios oficiais, suplemento ao título, títulos propios, diplomas etc. expedidos pola Univesidade de Vigo.
c) División por lotes e número de lotes: non procede.
d) Lugar de execución e/ou entrega:
1) Domicilio: Campus das Lagoas-Marcosende.
2) Localidade e código postal: Vigo 36310.
e) Prazo de execución: 1 ano a partir do 1 de outubro de 2013, ou desde o día seguinte á sinatura do contrato. No entanto en ambos os casos o contrato pode ser prorrogado conforme a cláusula 5.2 do PCAP e tendo en conta a cláusula sexta da folla de resumo de características.
f) Admisión de prórroga: si.
g) C.P.V: 22.22.32. Otros servizos de impresión C.P.A.: 88442-78130000-7. Servizos editoriais e de imprenta, por tarifa ou por contrato.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.
4. Valor estimado do contrato: ver número 4 da folla resumo de características do P.T.C.A.P.
5. Orzamento base de licitación: ver número 4 da folla resumo de características do P.T.C.A.P.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 8.886,66 €.
c) Complementaria: 5 % adicional para empresas incursas inicialmente en ofertas anormais ou desproporcionadas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: as que se indican nos números 11, 12 e 13 respectivamente da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: día 12 de agosto de 2013.
b) Modalidade de presentación: en papel 3 sobres A, B e C.
c) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.
2) Domicilio: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.
3) Localidade e código postal: Vigo 36310.
8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: sesión pública para o sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.
b) Enderezo: edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª planta. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.
c) Localidade e código postal: Vigo 36310.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.
11. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea:
Vigo, 2 de xullo de 2013
P.D. (RR 30.4.2013; DOG do 3 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo