Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 30 de maio de 2013, da Xerencia Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non foron encontrados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 392/2009, do 1 de outubro, DOG nº 199, do 9 de outubro; Decreto 160/2010, do 23 de setembro, DOG nº 188, do 29 de setembro; Decreto 209/2011, do 27 de outubro, DOG nº 213, do 8 de novembro; Decreto 221/2012, do 31 de outubro, DOG nº 222, do 21 de novembro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 88 51 25.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 30 de maio de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

anexo

Nome do doente

DNI/NIF

Vega Garzón, Mayra Katherine

X07569745P

Cabada Vivo, José Manuel

002891278V

Céspedes Domínguez, Gladys

X05272281Z

Sadik Abdellah

X00924558G

Coton Rivas, Ángela

076926518M

García Tagliani, Ariel

077419691N

Moukhass Salad, Eddine

X02588997W

Zhang Shibin

X04641950K

Longobucco Silva, Luis Rodrigo

044495423Z