Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27448

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para a ampliación de explotación de gando vacún de leite.

Argentina Lois Muiño solicitou desta alcaldía licenza de obra e de actividade para un proxecto denominado ampliación dunha explotación familiar de gando vacún de leite con destino a almacén agrícola, no lugar de Vilar, número 44, Cerceda (clave de MAS/72 2013).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental. Sométese a información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinarla na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 12 de xuño de 2013

José García Liñares
Alcalde