Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27449

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para un laboratorio de análise química.

Applied Mass Spectrometry Laboratory, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun laboratorio de análise química na avenida Benigno Rivera, número 56.

Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días co fin de que durante este, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto, poida examinarse o expediente no servizo de licenzas, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lugo, 29 de maio de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo