Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27450

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para a actividade de venda de pensos, cereais e outros produtos.

Sométese a información pública o expediente 2011/418, tramitado por instancia de Manuel Seijo Abalde, S.L., para a concesión dunha licenza de actividade para a venda de pensos, cereais e produtos e útiles manuais de labranza nas Regadas, 55, na parroquia de Mos deste municipio, segundo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións e observacións que considere oportunas.

Mos, 30 de maio de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo