Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de explotación de gando vacún.

Andrés Cervela Suárez solicita desta alcaldía licenza municipal para proxecto de construción de instalacións para ampliación de explotación de gando vacún de leite, nas Penas, Cerdeda. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles contados a partir do dia seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinarlo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Taboada, 17 de xuño de 2013

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde