Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27336

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 26 de xuño de 2013 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O artigo 20.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Mediante a Orde do 2 de marzo de 2011, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, reguláronse, entre outros, os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal da antiga Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia.

O Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, regula tanto as súas competencias e funcións como a súa organización e estrutura, e pasa a asumir os medios persoais e materiais e as competencias que lle correspondían á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

A titularidade dos ficheiros declarados modificouse tacitamente, considerando cumprido o requisito de dar publicidade da modificación mediante unha disposición de carácter xeral coa publicación do decreto de creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo o cal esta se subrogaba en todas as relacións xurídicas, bens, obrigas e dereitos dos cales é titular a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pero neste momento faise a transición formal para cumprir con todas as expectativas de seguridade xurídica, o que se materializa mediante a formalización expresa da nova atribución de responsabilidade e na derrogación formal do número 7 do anexo I da Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Con base nas consideracións anteriores, tendo en conta as competencias e funcións atribuídas á Amtega no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, resulta necesario suprimir os sete ficheiros da antiga Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) e crear oito novos ficheiros da Amtega, sete dos cales se corresponderán na súa denominación cos suprimidos da SXMIT, incluíndo ademais un novo ficheiro que se denominará «Servizos de coordinación e organización», que terá como finalidade a xestión dos servizos de organización e de coordinación para o persoal que presta servizos á Administración, tales como correo electrónico, xestión de usuarios, catálogo de recursos informáticos, servizo de atención ao usuario (CAU), etc. Os outros sete ficheiros serán equivalentes aos sete suprimidos da SXMIT, con excepción do cambio de titularidade á Amtega, excepto os denominados «Seguridade e control de acceso», que se modifica para dar acollida a todos os tratamentos que se realizan co fin de manter un adecuado control de acceso lóxico aos sistemas de información desta axencia, e o denominado «Recursos humanos», do que se amplía o seu contido xa que as competencias da Axencia nesta materia son máis amplas que as da Secretaría.

Por todo iso para a claridade e seguridade xurídica, procédese á publicación dunha nova disposición que complementa as xa vixentes.

Polo tanto, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante esta orde regúlanse os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia que se especifican nos anexos. No anexo I recóllense os ficheiros de nova creación e no anexo II os ficheiros que se suprimen.

Artigo 2. Contido

Nos anexos desta orde recóllese a información exixida para as disposicións de creación de ficheiros no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do regulamento que a desenvolve, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I, e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

Os ficheiros creados por esta orde encóntranse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales se solicitará a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos.

Disposición derradeira primeira. Modificación da Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia

Derrógase o número 7 do anexo I da Orde do 2 de marzo de 2011 polo que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Ficheiros de nova creación baixo a responsabilidade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Do propio interesado ou do seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Do propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de información comercial.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións administrativas e penais.

Outro tipo de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que subministren bens ou servizos á Administración xeral e sector público autonómico de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á Axencia Tributaria.

Ao Consello de Contas da Xunta de Galicia.

Ás caixas e bancos que teñen acordo coa Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia para a execución dos pagamentos.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países**

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión do persoal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia: mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Declaración e formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outros órganos da comunidade autónoma.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº de S.S/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, nº de rexistro persoal.

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, sexo.

Datos académicos e profesionais: formación/titulación, centro de traballo, tipo de posto de traballo.

Datos de emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador, compatibilidades.

Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios, datos de axudas de acción social.

Datos de sancións administrativas.

Outros datos: datos de saúde necesarios para a xestión de nóminas.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Outras administracións públicas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais...

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outras persoas físicas.

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación.

Outras administracións públicas.

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións...

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono.

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas.

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións.

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo.

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Rexistros.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Do propio interesado ou o seu representante legal.

Outras administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos, financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións.

Outro tipo de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Administración local de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura

Monte Gaiás, s/n

15702 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Medio

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información desta axencia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, nº de rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura.

Outros datos identificativos: matrícula, datos de rexistro e rastrexo de accións realizadas, datos de permisos de accesos outorgados.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non están previstas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Servizos de coordinación e organización.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos servizos de organización e de coordinación para o persoal que presta servizos á Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal que presta servizos á Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel ou electrónicos.

Procedencia dos datos

Do propio interesado ou do seu representante legal.

De entidades privadas que prestan os seus servizos á Administración.

Da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, nº de rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura.Outros datos de carácter identificativo: enderezo IP.

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Cidade da Cultura.

Monte Gaiás, s/n.

15702 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

ANEXO II
Ficheiros baixo a responsabilidade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia suprimidos

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións informativas coa cidadanía e entidades creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e entidades creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión da indemnización por razón de servizo e organización funcional do persoal adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución.

Inclusión no ficheiro Recursos humanos creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais...

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Rexistros.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Rexistros creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso físico.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Motivo da supresión

Cambio na estrutura orgánica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Seguridade e control de acceso creado por esta orde.