1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é a prestación dun servizo de oito (8) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2013, 2014 e 2015 (proposta 2/13-I) cunha duración total do contrato de vinte e catro (24) meses desde a data de sinatura.
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución: a execución do contrato desenvolverase nas anualidades 2013 e 2014 (campaña contra incendios) e anualidades 2014 e 2015 (precampaña), de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV: 60442000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 3.087.618,00 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Valor estimado: 7.512.996,00 € (incluídas posibles prorrogas e ampliacións).
5. Financiamento: fondos propios.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría D, segundo o punto I da folla de especificacións.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo as alíneas J e K da folla de especificacións, se é o caso.
7. Garantía exixida. Definitiva: 154.380,90 € (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 981 54 74 41/981 54 60 63 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19045
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o 23 de xullo de 2013.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), podéndose enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 7 de agosto de 2013.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
12. Outras informacións: establecemento de obrigas contractuais esenciais (cláusula AA da folla de especificacións).
13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de xuño de 2013.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013
P.D. (Orde do 30 de marzo de 2012; Diario Oficial de Galicia nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar