Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de xuño de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación ordinaria, dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte do posto da Consellería do Medio Rural e do Mar no certame feiral ANUGA (expediente 33/2013).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 126, do 4 de xullo de 2013, cómpre publicar a seguinte corrección:

No texto da resolución: punto 2.b), onde di: «servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte do posto da Consellería do Medio Rural e do Mar no certame feiral ANUGA, que terá lugar do 5 ao 8 de outubro de 2013 en Colonia, Alemaña», debe dicir: «servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte do posto da Consellería do Medio Rural e do Mar no certame feiral ANUGA, que terá lugar do 5 ao 9 de outubro de 2013 en Colonia, Alemaña».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9.a) da dita resolución.