De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Conservas Selectas Mar de Couso, S.A. o acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda á transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciados co Fondo Europeo da Pesca ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2008 (DOG núm. 86, do 6 de maio), por un importe de 506.428,02 euros, xunto cos xuros de demora devengados desde a data de cobramento da subvención.
De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula o regulamento da devandita lei, dáselle ao beneficiario o trámite de audiencia para que nun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do presente escrito, poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Á vista das alegacións e da documentación presentada ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto do reintegro da subvención concedida.
O reintegro voluntario polo interesado realizado en calquera momento anterior á resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dite resolución pola que se declare a dita circunstancia e das sancións que, se é o caso, poidan recaer en aplicación do disposto no título IV da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (artigo 80.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).
Este reintegro voluntario poderá efectuarse na conta bancaria que o Tesouro da Comunidade Autónoma ten aberta para estes efectos, que é a conta co número 2080.0300.87.3110063172 de Novagalicia Banco.
Se se realiza o ingreso, deberase remitir á Secretaría Xeral do Mar o seu xustificante, onde figuren os datos do interesado. Na data en que se efectúe o ingreso do principal da débeda deixarán de contarse os días de demora, co cal a Consellería de Facenda, no seu momento, só lle reclamará ao interesado os xuros devindicados desde a data de percepción da axuda ata a data en que ingresou o principal da débeda.
O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela:
Número de expediente: PE201B 2008/33-1.
Nome: Conservas Selectas Mar de Couso, S.A.
Enderezo: Couso, Aguiño.
CIF: A15747314.
Importe investimento total: 548.545,58 euros.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar