Rosario Barceló Marra solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a construción de explotación cunícula na parcela nº 575 do polígono 513, sita na Pena deste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.
Xinzo de Limia, 7 de xuño de 2013
Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde