Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27171

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de exposición ao público da conta xeral do exercicio 2012.

Unha vez formulada e rendida a conta xeral do orzamento correspondente ao exercicio económico de 2012 e unha vez emitido informe pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público cos documentos que a xustifican na Secretaría do Concello de Paradela polo prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente edicto no DOG, co obxecto de que durante este prazo e oito días máis os interesados poidan examinala e presentar as reclamacións, reparos ou observacións que xulguen pertinentes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 212 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais.

Paradela, 3 de xuño de 2013

José Manuel Mato Díaz
Presidente