Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de vixilancia nocturna nas instalacións do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº expediente 4857-12.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizo de vixilancia nocturna nas instalacións do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Lugar de execución: instalacións do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Prazo de execución: dous anos máis unha prórroga dun ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 164.076,00 euros, IVE incluído e por dous anos.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 26 77 83 84, fax 986 27 31 87.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Monte da Madroa, s/n. CP 36316 Teis-Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións:

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 28 de xuño de 2013

(Decreto de delegación do alcalde-presidente do
Concello de Vigo, do 13 de xuño de 2012)
Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal
Parque das Ciencias Vigo-Zoo