Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO de información pública sobre o cemiterio parroquial de San Vicente de Augasantas.

Aureliano Alcalá Ortega, con DNI 12196687-V, en representación do Arcebispado de Santiago de Compostela, recibiu por parte da Asociación de Veciños de Augasantas proxecto técnico visado e autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura para a obra de ampliación do cemiterio parroquial de San Vicente de Augasantas; e solicita que se inicien os trámites oportunos para obter a correspondente autorización sanitaria. En cumprimento do disposto no artigo 52 do Regulamento de policía sanitaria mortuoria, Decreto 134/1998, do 23 de abril, sométese a información pública por un período de quince (15) días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación no BOP e no DOG, co fin de que poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas e formular por escrito as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rois, 10 de xuño de 2013

Ramón Tojo Lens
Alcalde