Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27103

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (173/2012).

No procedemento de divorcio contencioso número 173/2012 seguido neste xulgado por instancia de Diana Alejandra Acevedo Rojas contra José A. Hernández Burbano e o Ministerio Fiscal ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Sexto Quintas, en nome e representación de Diana Alejandra Acevedo Rojas, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de ambos os cónxuxes contraído o día 7 de marzo de 2003, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración, e os seguintes:

1º Atribúese a garda e custodia do fillo menor David-Alejandro á nai, Diana Alejandra Acevedo Rojas, sendo a patria potestade compartida.

2º Establécese a cargo do pai e para o fillo menor de idade unha pensión de alimentos do 20 % dos ingresos que obteña e se acrediten do pai, que deberá aboar por meses anticipados e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que se designe para o efecto, establecéndose como base para a actualización destas cantidades o índice xeral do custo da vida publicado anualmente polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo equivalente. O pai sufragará o cincuenta por cento dos gastos extraordinarios.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado e nun prazo de vinte días a partir da súa notificación e que, se é o caso, coñecerá a Audiencia Provincial.

Firme esta resolución lévese a cabo a oportuna anotación no Rexistro Civil de Sada, onde consta inscrito o matrimonio e, quedando nas actuacións certificación delas, inclúase a presente no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos da súa razón, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Carmen Castro Pérez. Asinado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Andrés Hernández Burbano, expídese a presente para que sirva de notificación ao mencionado demandado.

Betanzos, 7 de xuño de 2013

O/a secretario/a xudicial