Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27098

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (548/2011).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 548/2011 desta sección, seguido por instancia do José Manuel Arantón Fraga contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Couto Calvo, S.L., Mutua Universal Mugenat, sobre accidente de grao, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo José Manuel Arantón Fraga, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 desta capital, con data do 24 de setembro de 2010, ditada en autos número 1372/2009, tramitados por instancia do referido recorrente fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat e Construcciones Couto Calvo, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Couto Calvo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial