Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27100

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2052/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2052/2012 desta sección, seguido por instancia do José Antonio de Jesús Sotelino contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, comunidade hereditaria de Américo Couñago Alonso, sobre incapacidade permanente, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

Que estimamos en parte o recurso de suplicación interposto polo José Antonio de Jesús Sotelino contra a sentenza ditada o 9 de febreiro de 2012 polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en autos número 741/2011, tramitados por instancia do referido recorrente fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat e a comunidade hereditaria de Américo Couñago Alonso e, con revogación da dita resolución, declaramos que o demandante está en situación de invalidez permanente absoluta e condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á Mutua Universal e a comunidade hereditaria de Américo Couñago Alonso a se ater a esta declaración e a que lle aboen, segundo as súas responsabilidades legais e regulamentarias, a correspondente prestación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á comunidade hereditaria de Américo Couñago Alonso, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial