Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (359/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 359/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Seijas Anido contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. Esoga sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 386/2013.

A Coruña, 14 de xuño de 2013.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 da Coruña, o estado procesual que presentan as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimento baixo o número 359/2013, nas que é parte demandante Antonio Seijas Anido, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e partes demandadas a mercantil Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (tamén Esoga), a Administración concursal da empresa Esoga e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) que non comparecen aos actos de conciliación xudicial e xuízo a pesar de ser citados en legal forma e tempo, en nome da S.M. O Rei veño ditar a presente con base nos seguintes.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada polo traballador Antonio Seijas Anido, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a mercantil Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (tamén Esoga), a Administración concursal da empresa Estruturas e Obras de Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes.

1º. Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante con data de efectos do 20 de febreiro de 2013 e, por iso, debo obrigar e obrigo os demandados a estar e pasar pola devandita declaración e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a que, no prazo de cinco días dende a notificación desta sentenza opte entre ou ben readmitir o traballador no seu posto de traballo con idénticas condicións ás vixentes ata a data de despedimento ou ben indemnice o traballador na cantidade da 15.287,71 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente.

2º. Que debo condenar e condeno os demandados, indistintamente de cal sexa a opción pola que opte (readmisión ou indemnización), a aboar tamén ao traballador agora demandante a cantidade de 6.056,82 euros en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir dende a data do despedimento ata a data da presente sentenza xunto coa cantidade que está por percibir desde a data da presente sentenza ata a data de notificación desta, a razón dunha cota diaria de 53,13 euros.

Todo iso, con obriga do Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) de responder da condena dentro dos límites legais establecidos.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada conta, lida e publicada que foi a anterior sentenza, pola xuíza substituta que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Estructuras y Obras de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial