Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26937

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (13/2013).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 13/2013 seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a Jesús Antonio Cid Núñez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Ourense o doce de abril de dous mil trece.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal número 13/2013, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da entidade Banco Popular Español, S.A., representada pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asistida pola letrada Sra. Juste Picón, contra Jesús Antonio Cid Núñez, en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos xurídicos.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido que, estimando a demanda formulada pola representación da entidade Banco Popular Español, S.A. contra Jesús Antonio Cid Núñez, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de tres mil cento vinte e dous euros e vinte e catro céntimos, máis os xuros legais devindicados pola devandita cantidade computados desde a data de presentación da demanda, e impóñolle expresamente as custas neste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes de la LAC.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Jesús Antonio Cid Núñez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 24 de maio de 2013

A secretaria xudicial