Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26935

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (1017/2012).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 1017/2012 seguido por instancia de Francisco Jesús Álvarez Diéguez fronte a José Amador Delgado Montoro ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Ourense o 6 de marzo de 2013.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal número 1017/2012, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia de Francisco Jesús Álvarez Diéguez, representado pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asistido pola letrada Sra. Hortelano Gil, contra José Amador Delgado Montoto, en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos xurídicos.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido que, estimando a demanda formulada pola representación de Francisco Jesús Álvarez Diéguez contra José Amador Delgado Montoto, debo condenar e condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de dous mil trescentos sesenta euros, máis os xuros correspondentes computados conforme a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e impóñolle expresamente as custas deste procedemento.

Ao notificarse esta resolución ás partes, fágase saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, José Amador Delgado Montoro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 24 de abril de 2013

A secretaria xudicial